FSC-CCOO Sector Autonómico | 6 mayo 2024.

CCOO e outros sindicatos convocan folga na Inspección de Traballo para o 21 de decembro

     Comisións Obreiras (CCOO) e outros sindicatos convocan folga en todo o Estado na Inspecciónde Traballo e Seguridade Social para mañá mércores, 21 de decembro. A decisión adoptouse tras ano emedio de incumprimento do acordo asinado en xullo do 2021 para modernizar e reforzar o labor desteorganismo. Porén, desde aquela non houbo avances por parte dos dous ministerios implicados, o deTraballo e o de Seguridade Social. Segundo as organizacións sindicais, transcorridos xa dezaoito meses, asdeficiencias da Inspección son cada día «máis graves e máis palpables», polo que cómpren «soluciónsurxentes». 

    20/12/2022.
    Folga Inspectores de traballo

    Folga Inspectores de traballo

    Os sindicatos amosan tamén a súa «preocupación» pola falta de información e o xeito de establecer o diálogo por parte do Ministerio de Traballo, «que nos últimos tres meses foi afastándose dos problemas que sofre a Inspección ata o punto de desaparecer completamente».

    Tamén se dirixiron a este ministerio para esixir a información «que se nos vén negando nos últimos meses»no relativo ao resultado das «discusións internas» no seo do Goberno sobre o futuro da Inspección deTraballo. Nunha breve reunión, a Secretaría de Emprego expuxo que non hai información nova ao respectoe emprazou a parte social a agardar ata o 31 de decembro.

    Para os sindicatos non é crible que, pasado ano e medio, «todo vaia florecer» de súpeto o 31 de decembro, motivo polo que se mantén a convocatoria de folga mentres se agarda a que o Goberno peche «conurxencia» as medidas pactadas en xullo do ano pasado.

    Se non houber avances, a folga repetirase os días25 de xaneiro e 22 de febreiro de 2023.

    Cadro de persoal en Galicia

    Actualmente, o cadro de persoal da Inspección de Traballo en Galicia está formado por 66 inspectores einspectoras e 73 subinspectores e subinspectoras, mais 104 persoas máis para postos técnicos e administrativos. En total, 243 efectivos, dos cales as tres cuartas partes se dividen entre as provincias da Coruña e Pontevedra.